ARTELIXO 2019

ARTELIXO 19.

ARTELIXO é un evento cultural que se celebra na vila de Redondela durante o mes de abril, organizado polo colectivo ArteLixo.

Integra diversos actos culturais, todos eles enfocados no concepto de responsabilidade medioambiental, fomentando a reciclaxe e o desenvolvemento sustentábel. Durante a semana que dura o evento, diversos colectivos, centros escolares e artistas locais e foráneos enchen as rúas, prazas e escaparates de Redondela de esculturas e outras obras de arte, fabricadas a partires de materiais de refugallo e lixo. O Arte volta cada ano a Redondela… e o lixo reivindica unha nova vida…. Abrimos a convocatoria para o ArteLixo 2019.Se estades interesados/as en participar nesta nova edición de Artelixo, as datas da exposición serán do 21 ao 27 de abril de 2019.Como se cadra xa sabedes, as obras estarán expostas na rúas e prazas de Redondela durante eses días e poderán sufrir as modificacións propias da exposición ós elementos meteorolóxicos e humanos. 

Adxuntamos a folla de inscrición, que tamén podedes conseguir a través das redes sociais.Este ano gustaríanos ofrecerlles aos Centros de Ensino visitas guiadas a esta macroexposición ao aire libre que fai convivir arte e mobiliario urbano, co obxectivo facer reflexionar aos máis novos sobre a xestión de residuos, os modelos de vida, a reciclaxe, o consumo e o futuro do planeta. Xa que logo, agradecemos que nos enviedes un completo descritivo da motivación e intención da vosa obra. Indicádenos tamén as necesidades técnicas para que vos poidamos axudar na montaxe e desmontaxe da mesma, sempre dentro das nosas posibilidades.As montaxes e instalación das obras nas rúas farase os días 20 e 21 de abril. Ademais da exposición ao aire libre, o colectivo Artelixo organiza outras actividades durante esa semana.En canto a teñamos faremos pública a programación completa. O ano pasado comezamos a deslocalizar o certame para incluír tamén as parroquias. A primeira en ser visitada foi Chapela, que este ano xa asumirá autonomamente a exposición de obras, durante esa mesma semana, no Paseo de Cardona (Laredo).A parroquia á que este ano se dirixe o Artelixo é Cesantes.De aí que suxiramos O MAR como temática principal. Desgrazadamente lixo non lle falta ao mar. Neste momento estamos en contacto con diversas Asociacións de Cesantes para darlle forma a esta participación.

http://www.artelixo.com/ficha-inscripcion-2019/

 

Bágoas de Serea.

       ARTELIXO 2019  – Bágoas de Serea –  Para convocar á participación e promocionar esta nova edición do ArteLixo, temos […]

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial
A %d blogueros les gusta esto: