ARTELIXO 2018. Arrancamos!!

Artefato, pistoletazo de saída do Artelixo

 

A arte e as esculturas elaboradas a partir de material de refugallo volverán ser as protagonistas do Artelixo que se celebra en Redondela do 15 ao 21 de abril. Con todo, dende a organización xa teñen en marcha outras actividades previas como o Artefato, un concurso fotográfico consistente en fotografar calquera trebello que serva para dar unha segunda vida a obxectos que non empregamos. A foto que máis apoios reciba nas redes sociais será a empregada para o cartaz Artelixo 2018. As imaxes pódense etiquetar no facebook do Artelixo ou envialas por correo ao enderezo artelixoredondela@gmail.com
Xa está aquí este evento cultural-reivindicativo que se celebra na vila de Redondela durante o mes de abril organizado polo colectivo ArteLixo. Será na semana do 15 ao 21 cando se desenvolvan o groso das actividades, como o sonalixo, parnalixo, fotolixo ou os obradoiros para cativos e cativas , aínda que nesta edición queren tamén ampliar o programa ao mes de marzo. Así, nas vindeiras semanas teñen previsto organizar unha charla de reflexión en torno aos lumes forestais que se desenvolverá na parroquia de Reboreda, unha xornada de limpeza nos ríos e unha charla en torno a obsolescencia programada.
Dende a organización confían en “repetir ou superar o éxito do ano pasado” xa que ás numerosas obras particulares que se presentan ao certame hai que sumar as que fan os escolares dos centros educativos do concello. Explica Irene Campelos que se puxeron en contacto con colexios e institutos e que “practicamente todos amosaron a súa intención de participar presentado algunha obra nesta edición”.
Algo que é posible grazas ao cambio de data do Artelixo -que o ano pasado pasou de celebrarse en setembro a facelo en abril- precisamente para animar á participación dos colexios.
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=8285

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial
A %d blogueros les gusta esto: