Bágoas de Serea.

 

 

   

ARLIXO 2019  – Bágoas de Serea –

 Para convocar á participación e promocionar esta nova edición do ArteLixo, temos en marcha unha campaña polas redes sociais onde imos publicando periodicamente fotografías de obxectos atopados durante a limpeza da praia de Cesantes, en outubro do pasado ano, organizada polo colectivo ArteLixo e coordinada desde a Asociación ecoloxista galega Adega.  Todas as fotografías van acompañadas dun verso que conformará o poema “Bágoas de Serea” da escritora de Ventosela Olga Nogueira. A acción artística remata coa ensamblaxe de todas as pezas nunha escultura final, que está sendo realizada polo artista local Kiko Amoedo. A obra “Bágoas de serea” será exposta durante a semana do certame e tamén será a imaxe do ArteLixo 2019.

BÁGOAS DE SEREA

LENTES CON TERRA PARA MIRAR O MAR

BOMBA DE BOIA PARA SINALAR

ANACO DE BARCO QUE XA NON NAVEGAR

MARAÑA DE REDES COAS QUE ENREDAR

REGADEIRA ABSURDA A SE CAMUFLAR

NO VERDE DA PRAIA, NO AZUL DO MAR 

PARAUGAS LARANXA PARA VOAR

TAMPA DE CALDEIRO, SOMBREIRO DE CARNAVAL

CABEZA DE BONECO QUE MIRA O AR

CABO DE CORDA COA QUE AMARRAR

A PISTOLA A PRESIÓN

E NUNCA MÁIS DISPARAR

NIN AUGA NA TERRA NIN ARPÓNS NO MAR

CAPACHO ROTO, DE TANTO ARGAZAR

BOTE ENFERRUXADO, COR DE SAL

GARRAFA DE ACEITE QUE NON DÁ PARA ENGRAXAR

GARRAFA DE LIXIVIA QUE NON DÁ PA DESINFECTAR

ESTE CENSO DE MERDA QUE NOS DEVOLVE O MAR

E AMOREAMOS NA TERRA…

… E VOLTA A EMPEZAR

BÁGOAS DE SEREA, QUE NINGUÉN CONSOLARÁ.

 

 

ARTELIXO 2019

ARTELIXO 19. ARTELIXO é un evento cultural que se celebra na vila de Redondela durante o mes de abril, organizado polo colectivo […]

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial
A %d blogueros les gusta esto: