Nace “SONdeREDONDELA”


#sonderedondela
“Son de Redondela”, a primeira plataforma de apoio aos artistas locais.
A Plataforma “Son de Redondela” PCAAR.
(Plataforma Cultural de Artistas e Activistas de Redondela)
nace co obxecto de facilitar tanto a músicos como a colectivos a realización de actividades culturais, concertos ou festivais. Pedro Pérez é unha das cabezas visibles da Plataforma e anima a facerse socios e a participar da mesma. De xeito completamente gratuíto os interesados poden poñerse en contacto con eles a través do facebook Son Redondela.
A Plataforma Cultural de Artistas e Activistas “Son de Redondela” nace a raíz das diferente problemáticas que presenta o tecido cultural: festivais que se suspenden pola dificultade na súa organización, a aplicación da Lei de Espectáculos que incrementa os trámites e custe da organización dos eventos, a situación do local de ensaio.
Logo dunha reunión celebrada recentemente deciden organizarse como plataforma que dará servizo aos socios en cuestións variadas. Por exemplo buscar unha solución para o seguro obrigatorio que teñen que afrontar as asociación organizadoras de festivais ou facilitar aos músicos fórmulas para facturar os seu concertos…
Tamén teñen en mente propostas máis concretas como é a gravación dun CD “Artelixo” coa colaboración dos músicos e as bandas locais e a realización dun concerto o vindeiro 8 de setembro. Será “unha romaría que serviría para recadar fondos que se empregarían para gravar o CD” explican dende a Plataforma.
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=8757

Dende o colectivo “ArteLixo” seguemos na teima de chamar a atención sobre o deterioro medio-ambiental que estamos a padecer e as malas xestións no reciclado dos residuos, os mares de plásticos que xeramos nos océanos, o cambio climático, etc.

ArteLixo quere facer de Redondela un gran escaparate da reivindicación social e política da poboación a través do arte en distintas expresións.
Favorecer un uso responsable dos recursos dos que dispoñemos e fomentar a recuperación e reutilización dos materiais, así como integrar aos distintos axentes locais nunha actividade que favorece á comunidade levándonos a un espazo de reflexión comunitaria.
Dende os inicios reivindicamos utilizar o espazo público como medio de expresión artística.Transmitir información divulgativa sobre o coidado medio ambiental.

Dende hai un tempo apostamos pola idea de manter vivo o “Artelixo” durante todo o ano con diversas actividades e colaboracións.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial
A %d blogueros les gusta esto: