Obradoiro creativo con papel.

As Bibliotecas Municipais convocamos un obradoiro creativo na biblioteca de Chapela.

Con papel para reciclar da biblioteca: revistas e periódicos vellos, imos deseñar unha peza artesanal que presentaremos xuntos ao certame redondelán ArteLixo.

Este ano queremos festexar o noso 50 aniversario participando en diferentes eventos culturais no noso concello, e gustaríanos que nos acompañarades para formar parte deste evento artístico tan singular.

Doutra banda, con este obradoiro aprenderedes unha técnica para facer pezas artesanais moi orixinal, ademáis de sinxela e económica.

Será un obradoiro no que podedes participar nenos e adultos. Só precisamos as vosas gañas!

Ao rematar toda a actividade, poderedes levar algunha peza para a casa elaborada polas vosas mans.

O obradoiro celebrarase no Multiúsos de Chapela, e durará tres xornadas, en horario de 17:00 a 18:30h.
– Xoves 15 de Marzo
– Xoves 22 de Marzo
– Xoves 5 de Abril

Podedes inscribirvos na biblioteca de Chapela.
De luns a venres, de 16:30 a 21:00 h.
Tlf: 986-454-226
Correo: bibliotecachapela@redondela.es

Colabora nesta actividade a Asociación Cultural e Social de Chapela.

http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2018/03/obradoiro-creativo-con-papel-reciclado.html

 

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial
A %d blogueros les gusta esto: